3/25/2009

DE CAMIÑO CARA A PASCUA

Avanza o curso, avanza a cuaresma... O próximo fin de semana: San Lázaro. E xa se sabe: "Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos". Sen tempo para o aburrimento nin para a distracción académica. Máis ben, tempo para o sacrificio, o esforzo, a reflexión, a mirada cara a Cruz de Xesús, camiño do calvario, pero con vistas á Resurrección, á Pascua florida. Queda atrás o inverno, pero non hai flores nin froitos sen poda nin caída de follas. Como tampouco hai boas notas sen apertar os codos.

Dende a óptica cristiá non hai tempo mellor que a Cuaresma para volver sobre nós mesmos, encontrámonos con Deus e cos demáis, e recuperar o tempo perdido. ¿Non che entusiasma camiñar de prisa cara a Pascua Florida, sen olvidar que estamos en Cuaresma, a pesar dos días de primaveira que estamos vivindo?-Apura, que o tempo apremia e a 2ª Evaluación non espera.

3/18/2009

dia do pai


O día do pai é un día festivo para celebrar a paternidade e crianza por pais, como o Día da mai celebra a maternidade e a crianza materna. Vendedores minoristas promoven que se regalen ferramentas e outros regalos entendidos como masculinos nese día.

O día do pai ten orixe na antiga Babilonia, hai mais de 4 mil anos. Un mozo chamado Elmesu moldeou e esculpiu en arxila o primeiro cartón. Desexava sorte, saúde e longa vida a seu pai.

3/11/2009

11M

Os atentados do 11 de marzo de 2004, tamén conocidos como 11-M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede de Cercanías de Madrid. A sentencia da Audiencia Nacional atribuiu a súa autoría a membros de células os grupos terroristas.

Trátase do maior atentado cometido en España ata a data, con 10 explosións case simultáneas en catro trens á hora punta da mañá (entre as 07.36 e as 07.40). Máis tarde, tras un intento de desactivación, a policía detonaría, de forma controlada, dous artefactos que non estalaran, desactivando un terceiro que permitira, grazas ó seu contido, iniciar as primeras pesquisas que conducirían á identificación dos autores. Faleceron 191 persoas, e 1858 resultaron feridas.