11/26/2008

Violencia de xénero


25 de novembro, dia contra a Violencia de xénero.

11/20/2008

Pornografía infantil NO

20 de Novembro Día Universal do neno


Cerca de 1.000 blogs e portais web de Europa e Latinoamérica se sumaron nun mes á a iniciativa lanzada por La huella digital e Vagón bar. Todo o que queira sumarse, debe colgar o cartel e publicar un post o 20 de novembro.

11/19/2008

Excursión ao Pazo de Fontefiz

Os alumnos de 1º e 2º de ESO van mañá de excursión ao Pazo de Fontefiz. Esperamos que nos traian fotos para poñelas nesta blog e que teñan mellor día ca nós.

11/12/2008

San Martiño

O San Martiño, o día 11 de Novembro, marca en certo xeito a entrada no inverno. E, tradicionalmente, o Dia dos Magostos. Tamén marca o arranque das matanzas caseiras do porco, un ritual moi arraigado na Galicia rural e que agora volve a ter pulo.
De ahí o dito popular:
"A todo porco lle chega o seu San Martiño"
Anque o día propio é o 11 de novembro a matanza, para comodidade de todos, adóitase facer calquera sábado a partir desa data, sempre que sexa tempo de frío ou xeadas e a lúa estea en cuarto minguante (coa lúa chea os xamóns collen cismas ou o que se soe chamar "bicho").