1/30/2008

Xornada de paz




¨Despois de renunciar á espada non teño outra cousa que ofrecer ós meus contrarios que a copa do amor¨



Dende a Merced de Verín unímonos ós escolares do mundo que traballan pola paz, durante todo o ano, e cada día trinta de xaneiro simbolizan con actos especiais.

Os nosos alumnos deste ano concentrámonos así:

  • Proxección ¨Somos amigos¨

  • Conto ¨A paz perfecta¨
  • Acenos: Pataleo contra os violentos,momento de silencio polas vítimas do terrorismo e aplauso para os pacificadores.

  • Pai noso da paz

Cremos na paz de bombas de sorrisos,de campos de xirasois,de ríos limpos,de silos cheos de trigo... cremos na paz do alumno que co seu estudo e bo comportamento vive en paz consigo mesmo,cos seus compañeiros,profesores e familiares.

¡FELICES OS QUE TRABALLAN POR UNHA PAZ ASÍ!




1/23/2008

A PRÁCTICA LEVA A PERFECCIÓN




Una pequena pincelada dos ensaios do coro. Pronto unha canción completa

ESPERANDO O ENTROIDO


A pesar da proximidade "das mellores festas do mundo", é unha espera tranquila, seguimos traballando como a clase de terceiro, dando exemplo de " concentración"

Entroido


Xa chegou o entroido,a festa por excelencia.Os alumnos estamos impacientes porque cheguen as festas, pero de tódalas maneiras non debemos olvidarnos de que hai que estudar,xa que aínda que vaia a ser festa aínda non o é, e debemos acudir a clase co mesmo entusiasmo e esforzo de sempre para non baixar as notas,é máis,debemos subilas, xa que os resultados académicos sempre poden ser mellores.
Bueno,non me vou entreter máis falando de estudos xa que como o nome desta entrada indica vou falar sobre o entroido.Esta festa marabillosa na que todos nos disfrazamos e disfrutamos por igual,maiores e nenos,homes e mulleres,todos a vivimos coma se fose parte de nós.
O entroido ten unhas datas sinaladas,que son:
_O xoves de compadres
_O domingo de corredoiro
_O xoves de comadres (día no que comeza o entroido)
_Os seguintes días,venres,sábado,domingo,luns e martes son días tamén sinalados do entroido.
_A data que marca o final do entroido e o mércores de cinsa.
Todo isto parece moi bo,pero este ano tamén hai unha mala noticia,o parecer a Reina Elena non vai estar no pregón do xoves de comadres.A pesar de todo isto espero que todos disfrutemos o entroido da mellor forma posible.
Feliz entroido!

1/16/2008

Feliz cumpleaños Alejandro Firvida


Felicidades Alejandro Firvida vas a cumplir 15 anos o 30 de Xaneiro.Estamos moi contentos de terte entre nós, e esperamos que cumplas moitos máis.Felicidades!!!

1/14/2008

ATENCIÓN ATENCIÓN


Quedan atrás as festas de Nadal e a costa de Xaneiro faise dura para moita xente. Nós temos sorte. Os verinenses subímonos ao carro de Santo Antón e a costa arriba fáisenos costa abaixo. Ademais polo fondo do val asoman os cigarróns e xa se sabe o que significa esta para nós.

Por iso, os profes non cesan de alertarnos: a estudar, que vén Santo Antón,... rapaces aproveitade o tempo, que están aquí os carnavais. ... Dádevos conta que esta avaliación é moi curta, está chea de festas e os despistes se pagan caros... é mellor previr que lamentar... os días son curtos e os suspensos longos...
Por unha vez e que sirva de precedente, os profes, teñen razón. Así que na 2ª avaliación, sexamos todo apetito: imos devorar os libros e non ter mais lambetadas que o estudio. ¡ Festas si, pero cóbados tamén! Cada cousa ao seu tempo. Non existe mellor menú



1/09/2008

¡É ano bisiesto!


Neste ano que acaba de comezar temos un día máis o 29 de Febreiro,xa que é ano bisiesto,e en vez de ter 365 días ten 366.Esto pasa porque cada ano dura 365 días e 6 horas,polo tanto cada 4 anos acumulanse 24 horas,é dicir,un día.
Para saber se un ano é bisiesto ten que ser divisible entre 4
.