12/20/2007

VELADA DE NADAL

ACTUACIÓNS


1 FELICITACIÓN DO DIRECTOR

2 PREGÓN DE NADAL

3 POESÍA DE NADAL

4 ÓRGANO: NOITE DE PAZ
5 CARTA AO NENO XESÚS

6 TEATRO DE SOMBRAS: O REI DOS XUDEOS

7 ÓRGANO- SAXOFÓN: ALEGRE NADAL

12/13/2007

CONCURSO M.J.M


¡ANIMÁNDEVOS A PARTICIPAR!
Consultade as bases do concurso e deixande as vosas fotos en Direción.
Non por chegar ó fin vamos quedar últimos... ademáis será por cara...

Sácate unha foto só/a ou cos teus amigos/ás.
A foto ten que ter tema navideño e cunha sóla condición: poñer un careto do 15.
En cada lugar de orixe haberá un encargado/a que estará ao tanto das bases do concurso e que será o que publicará a fotografía no blog de cada lugar en caso de que os participantes non teñan conta propia para publicar.
Non valen fotos retocadas por ordenador.
Os monitores, profesores, catequistas, etc... poden participar, pero non entran a concurso.
O día 5 de xaneiro coincidindo coa visita de S M os Reies Magos de Oriente farase a votación como en Eurovisión: Cada lugar ten que elixir entre unha puntuación de 0 a 6 aos seus elixidos, sendo o 6 a máxima puntuación. Esta será publicada oficialmente no blog de cada lugar. Realizarase unha media entre as puntuacións obtidas da que sairá o gañador/a do concurso. a publicación da foto gañadora farase oficial no blog xeral de MJMCASTILLA: mjmcastilla.blogspot.com
O premio é sorpresa

EL M.J.M. de Verín, que acaba de nacer y que celebra por primera vez el Nacimiento de Jesús, en esta Navidad de 2007, os desea a todos una felices Fiestas.
O M.X.M de Verín, que acaba de nacer este Nadal de 2007 e que celebra por primeira vez o Nacemento de Xesús, neste Nadal de 2007, deséxavos a todos unhas felices Festas.

12/11/2007

BO NADAL






MENSAXE DOS NENOS AOS PAIS EN NADAL
Non levamos os nenos palabras importantes; para dicir verdades que inundan os nosos peitos; non levamos os anos da vida na garganta sinxelamente non levamos o madeiro balorecido polos anos; nin as mans calosas do traballo de labranza.
Somos no mundo a bruma que se achega en distancia, e teñen os nosos ollos tan só pupilas de esperanza. Son os nosos brazos gallos non nacidos e teñen os nosos pasos tremores e medos ao camiño.
Sabemos que, indefensos,nos levan da man os nosos pais, sabemos que en inverno, arroupan os nosos corpos cos seus brazos quentes como o lume, e espantan o noso frío.
Temos aínda cuberta de inxenuidade a alma porque non hai sangue nos seus ollos, nin odio, nin vinganza; e teñen as nosas carnes aínda pulmón sen voo, e levan os nosos ollos mirada de lontananza.
Corremos polas rúas do pobo coñecidas; rompemos as lámpadas con tirafondas a pedradas; resgamos os vestidos trepando trepando polas árbores brunidas.
Mírannos os maiores. Suspiran morriñas e din, murmurando: ¡ Quen fose como eles! Os nenos sabémolo. Queren que no xogo nos miren os maiores, simulan que non miran, e deixen a nosa danza.
Levamos nos brazos pombas construídas, que son os vosos abrazos, e son as vosas miradas.
Temos co vento un pacto, que se chaman: Pacto de sangue, leva a esperanza.
Non levamos os nenos palabras importantes para dicir verdadeiros que inundan os nosos peitos. É verdade.
Pero somos estrelas que orientan as vosas naves que dan sucos ao vento e froito ás vosas vidas.
Queremos dar un bico ao ceo nos nosos pais, contarlles o oído segredos de animais: de lobos que nos falan de paz e non de guerra, de plantas que descobren segredos abismais, e abrirlles nos seus ollos as portas que xa un día tivesen sen ferrollos, abertas e sen chaves; e entrarlles polos mundos que nos falan de rosas sen espiñas de choros que non existen, e abrirlles o camiño de novas ilusións.
É verdade, os nenos non levan palabras importantes para dicir verdades que inundan os nosos peitos.

CALENDARIO DECEMBRO

DÍA 17 Entrega de notas aos titores correspondentes

DÍA 18 Reunión do equipo de avaliación do primeiro ciclo. Hora 9:00

DÍA 19 Reunión do equipo de avaliación do segundo ciclo. Hora 9:00

DÍA 20 Pasar nota aos boletins – Pola mañá clase – Pola tarde Velada
para os alumnos no salon de actos

DÍA 21 10:30 Eucaristia -Ás 12:30 entreganse as notas aos alumnos

DÍA 8 Xaneiro Reanúdanse as actividades lectivas.

12/03/2007

VISITA Ó HOSPITAL




POR: CLAUDIO MÁXIMO SAN MARTINO, alumno de 2º de E.S.O.

Recibiunos o doctor, Fernando Serrulla, que é o director do laboratorio.
A través dun vídeo, explicounos como se realizaba o seu traballo, detenidamente, contounos, como facían para averiguar onde estaban os cadáveres, a través dun parato específico, que identifica restos óseos.
Ó remantar o vídeo, mostrounos un esqueleto humán, explicando as diferenzas, entre un home e unha muller, idade, altura e causas polas que morreu.
Logo pasamos á sala de autopsias e explicounos como a través dunha autopsia atoparon a causa da morte dun home.
Ó fin de todo, mostrounos un aparato de raios ultravioletas que podían detectar restos orgánicos, como seme, saliva... . O que me fixo moita gracia, foi cando nos alumbrou cos raios ós dentes, e se volveron brancos coma a neve e parecíamos vampiros.